Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
lei de protección de animais domésticos e silvestres en catividade

A Consellería de Medio Ambiente retrasa a publicación do borrador

O conselleiro de medio ambiente, Pachi Vázquez, anunciaba a tan ansiada publicación do borrador da lei hai un mes nunha visita á cidade de Ourense. Este texto, no que leva traballando o Departamento Xurídico da Consellería dende hai meses, está á espera de obter o visto e prace da Dirección Xeral de Conservación da Natureza sen que ata o de agora se anuncie expresamente unha data de publicación.

Amigos da terra - 10:49 05/11/2007

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza está a revisar o texto elaborado polo Departamento Xurídico da Consellería e que vai substituír á actual lei 1/1993, do 13 de abril.

Este texto, que adoece de varias carencias e presenta un articulado feble e pouco proteccionista co reino animal, será derrogado.

Amigos da Terra considera que a nova lei debera ser máis rigorosa e severa cos infractores. Para elo, “é necesario elevar a contía das sancións e que se converta nunha práctica real a inhabilitación para próximas tenencias de animais aos maltratadores”, explica Montse Valencia asesora xurídica da entidade ecoloxista.

Doutra banda, tamén compre que o texto sexa moi cauteloso á hora de regular a venda e tenencia de animais exóticos e, finalmente, pór fin ás mal chamadas prácticas deportivas coma o “tiro ao pombiño”.

A entidade ecoloxista galega, que dende os inicios do anuncio da elaboración do novo texto veu seguindo moi de cerca a reforma, denuncia esta situación de desamparo legal á que se ven sometidos os animais que supostamente debe protexer esta lei.

Ademais, esixe a presenza das asociacións ecoloxistas para colaborar na elaboración da lei xa que son varios os sectores e organismos implicados no tema.

En definitiva, debe suprimirse o carácter de mínima protección que se via continuamente reflexado na lei proximamente derrogada e que xa no seu preámbulo anunciaba “as atencións mínimas que deben recibir os animais”.

Amigos da Terra espera que tanta demora responda a unha minuciosa elaboración legal que substitúa as carencias da antiga lei e suprima aqueles enclaves legais tan someros que presentaba respostando á debida protección dos animais xa que na actualidade este tema constitúe un asunto de índole cultural que importa ao conxunto da cidadanía.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: