Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións municipais en Colombia

A esquerda gáñalle o pulso a Uribe en Bogotá

Samuel Moreno retivo para a esquerda a alcaldía da capital colombiana.

Redacción - 09:00 29/10/2007

O presidente colombiano, Álvaro Uribe, mantivera durante a campaña unha belixerante posición contra o candidato do Polo Democrático Alternativo, PDA, para a capital do país, Bogotá. O ex senador Samuel Moreno Rojas, competía nesta cidade por manter para a esquerda a importante vitoria, a primeira da historia na capital, conseguida hai catro anos, daquela co dirixente sindical Luis Eduardo Garzón como cabeza de cartel.

Finalmente, Moreno gañou estes comicios con máis do 42% dos votos. Uribe insinuara nos últimos días que o PDA estaba apoiado polas Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia, as FARC, acusacións rexeitadas polo partido. A Constitución de Colombia prohibe explicitamente que o presidente do país tome partido directo nos comicios a prol de calquera candidato, esixencia que Álvaro Uribe burlou estes días lanzando as súas acusacións sen citar directamente a candidatos ou partidos malia que o electorado podía percibir claramente quen era o obxecto das súas críticas.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: