A internet permite ver fotografías do primeiro gran conflito bélico europeo das que se descoñece a súa orixe
Están a circular pola rede unha serie de fotografías en cor da Primeira Guerra Mundial e orixe descoñecida. Os seus descubridores descoñecen se son obra do fotógrafo francés Jean-Baptiste Tournassoud, un dos pioneiros da imaxe a cor usando a técnica patentada polos irmáns Lumière, ou se, polo contrario, foron fotos en branco e negro ás que se lles deu cor posteriormente.
En calquera caso, estes testemuños gráficos da guerra dende o bando francés, a vida diaria dos soldados e da poboación civil, as paisaxes e a destrución causada polas bombas merecen unha ollada. A web WorldWarOneColorPhotos recompila boa parte das fotografías, que tamén se poden ver nalgúns foros.