Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Telefonía por internet

Skype sacará o seu propio teléfono: o White Phone

O aparello, primeiro da compañía, permitirá facer chamadas de balde entre os usuarios da mesma.

Redacción - 16:50 22/10/2007

A empresa que lidera a telefonía por internet, Skype, anunciou que sacará ao mercado un teléfono móbil que lles permitirá aos seus usuarios empregar o servizo sen estaren diante do computador. O aparello, que se chamará White Phone, sairá á venda a finais deste mes no Reino Unido, Italia, Australia e Hong Kong.

O teléfono de Skype empregará un software desenvolvido pola empresa iSkoot, e, con premer un botón, contará co acceso directo ás funcionalidades de voz sobre internet. As características do trebello inclúen tamén boa conectividade para o tráfico de datos e aptitudes multimedia. Como acontece coa versión para ordenadores, as chamadas entre usuarios do servizo serán de balde e o resto terán o mesmo custo que até agora.

Xa existían teléfonos coa funcionalidade de se poderen conectar ao servizo de Skype, tanto sen fíos como con conexión wifi, pero o White Phone será o primeiro lanzado pola propia empresa.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: