Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións en Eslovenia

Gaña Peterle pero necesitará unha segunda volta

Complícase a vitoria para o conservador Lojze Peterle, que obtén uns resultados moi por baixo dos prognósticos das enquisas.

Redacción - 09:00 22/10/2007

Con case o total do reconto feito, Lojze Peterle chegaba ao 28,32% dos votos, significativamente por baixo do 38% que algunha sondaxe prognosticou ás portas destes comicios presidenciais.

A un ano das eleccións lexislativas e ás portas de asumir a presidencia de quenda da Unión Europea, o conservador Peterle deberá enfrontarse nunha segunda volta a un rival aínda sen definir. Xa que logo, por tras del aparecen o socialdemócrata Danilo Turk, co 24,68% dos sufraxios e o liberal Mitja Gaspari, cun 24,29% do voto. Con eses números, a estreita diferencia entre eles será resolta polo 4% do voto por correo, cuxo reconto non se coñecerá até dentro duns días.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: