Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O novo tratado entrará en vigor en 2009

A garantía de bloqueo para Polonia e o escano extra para Italia aceleran o acordo da UE

A última hora do xoves, os líderes conseguiron consenso para a reforma institucional da Unión Europea que vai substituír o rexeitado proxecto de Constitución.

Redacción - 09:00 19/10/2007

A diplomacia portuguesa, a quen lle corresponde a presidencia de quenda da UE, conseguiu xestionar con éxito as esixencias de Italia e Polonia, principais obstáculos no treito final das negociacións. No primeiro caso, os italianos conseguen un asento máis no Parlamento europeo, quedando en 73 escanos sobre o total de 750.



Máis complicado foi o caso dos polacos. Pero finalmente, o conxunto dos representantes acordou aceptar a blindaxe do poder de bloqueo ás decisións da UE. Polonia esixira que o poder para paralizar temporalmente os acordos estivera de xeito explícito no tratado e non fose un simple anexo, susceptíbel de poder suprimirse en calquera momento. Finalmente, estabelécese un sistema a medio camiño entre ese poder de veto e o bloqueo, que Polonia poderá usar para frear durante un tempo as decisións que non lle conveñan. Por outra parte, os polacos conseguiron tamén un dos cargos de avogado xeral, encargados da redacción dos informes con recomendación de sentenza, no Tribunal de Xustiza da UE.



"Nace un novo Tratado de Lisboa", anunciou un satisfeito José Sócrates, primeiro ministro de Portugal, anunciando o conseno sobre o tratado de reforma que será asinado en Lisboa o vindeiro 13 de decembro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: