Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comeza a tempada de caza en Galiza

Sesenta mil galegos con escopetas 'bótanse ao monte'

É a cifra de cazadores que percorrerán os montes do país a partir deste domingo, entre as protestas da federacións e as novidades de compartir coutos.

Redacción - 10:30 21/10/2007

A nova tempada, que se estenderá até o Día de Reis -a do cervo até o 30 de decembro e a do xabarín até o 27 de xaneiro-, comeza con varias novidades, como a de compartir tecores (terreos cinexeticamente ordenados, dos que hai en Galiza arredor de 400).

Con esta medida, as sociedades que controlan estes tecores acollerán a outros cazadores de fóra, non afiliados. Actualmente, en Galiza hai unhas 252 sociedades de cazadores, que xestionan economicamente os permisos para cazar nos seus tecores, as cacerías organizadas ou os torneos, entre outras actividades.

Ademais das novidades, coa apertura da tempada tamén veñen as reivindicacións da Federación Galega de Caza, que considera excesiva a veda de tres anos nas zonas queimadas polos incendios forestais, e piden que se reduza a un só ano, salvo naqueles lugares onde o hábitat non se recupere.

Uns 60 mil galegos botaranse ao monte nestes meses con cadansúa escopeta ou calquera outro tipo de arma, baixo un certo control que as asociacións ecoloxistas consideran insuficiente.


1/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: