Os nenos sofren o 40% das enfermidades relacionadas coa secas, inundacións, desertización ou escaseza de auga potábel e de alimentos.
Informe de Save the Children
Os nenos de até dez anos, que representan o 10% da poboación mundial, sofren o 40% das enfermidades relacionadas co deterioro ambiental onde viven, como consecuencia de fenómenos coma o cambio climático.
A organización Save the Children, coincidindo co Día Internacional para a Erradicación da Pobreza este mércores, revelou este dato, incluído no informe Legado de desastres: O impacto do cambio climático na infancia.
Ademais, incide no argumento de que os peores efectos do cambio climático, como secas, inundacións, desertización ou escaseza de auga potable e de alimentos, agravaranse nos países máis pobres e en especial entre os colectivos vulnerábeis, coma os nenos.
Entre os datos incluídos no informe, salienta tamén que o 98% dos afectados por desastres na última década fórono por desastres naturais relacionados co cambio climático, que 175 millóns de nenos veranse afectados cada ano por este tipo de desastres na próxima década e que en 2010 haberá 50 millóns de "desprazados ambientais".