Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
As preferencias laborais dos mozos

Ou ser funcionarios ou entrar en Telefónica e El Corte Inglés

Xa sabiamos que prefiren traballar na administración ou ter un posto fixo en calquera empresa antes de facérense emprendedores. O que queren é facer carreira nas multinacionais.

Antía Rodríguez - 09:00 19/10/2007
Os mozos prefiren ser funcionarios que traballar do que estudaron / Un cadriño de Forges, que ten varios de funcionarios

Os mozos prefiren ser funcionarios que traballar do que estudaron / Un cadriño de Forges, que ten varios de funcionarios

No mes de marzo a Universitat Pompeu i Fabra e o Instituto Valenciano de Investigacións Económicas facían unha análise das opcións laborais da mocidade, peneirando as opinións recollidas entre os mozos e mozas de varias cidades de todo o Estado, entre elas Vigo. Os resultados eran semellantes aos que agora publica a consultora PeopleMatters.

Naquela altura o estudo concluía que aínda optando a un salario similar e con contrato indefinido, oito de cada dez mozas e mozos escollen ser funcionarios de calquera administración antes que obter un traballo nunha empresa que estea directamente relacionado coa súa formación académica.

Agora tamén sabemos que prefiren, ademais de ter un emprego público, traballar en multinacionais coma Telefónica, El Corte Inglés, o grupo BBVA ou o Santander.

Un de cada tres mozos, para funcionarios
Segundo este estudo, un de cada tres mozos e mozas consultados quererían traballar na administración pública (dálles igual a que sexa).

O informe, baseado nunha mostra de 1.802 persoas de 18 a 30 anos, tamén revela que os salarios, o ambiente laboral, a flexibilidade de horarios e os atractivos planes de facer carreira son os principais factores que fan que unha empresa sexa a preferida da mocidade.

Tamén se ten en conta a fama global da empresa, que moitas veces vén determinada pola experiencia persoal, como cliente ou consumidor, do propio mozo ou moza coa empresa. Tamén ten moito a ver a publicidade da propia empresa.

A polo soldo fixo e a xornada reducida
Dous de cada tres mozos, segundo este estudo, queren un soldo fixo que ademais lles permita poder compaxinar a súa vida profesional coa persoal. E queren unha xornada reducida que se adapte ao seu ritmo de vida. O 50% dos enquisados xa asinaban contrato se lles ofrecesen traballar 40 horas semanais, e case unha terceira parte, sobre todo mulleres, preferirían que fosen menos horas.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: