A edición en papel do DOG custoulle 1,8 millóns de euros á Xunta en 2006.
O goberno español decidiu prescindir da edición en papel do Boletín Oficial do Estado (BOE). Dende xaneiro de 2009 haberá que conectarse á rede para poder consultar a información que oferece. Con este medida o executivo de Zapatero pretende reducir os gastos asociados ao papel. A medida está en sintonía coa que adoptou a Generalitat Valenciana este mesmo ano. Nesta comunidade, o Diario Oficial xa só se publica na rede. En Cataluña tamén estuda suprimir a curto prazo a edición en papel.
Pola contra, en Galiza non está previsto que se tome unha decisión similar polo momento. En decembro do ano pasado, fontes da Consellaría de Presidencia explicáronlle a este xornal que se estaban a editar en papel 5.500 boletíns do DOG, que tiñan un custe de 1,8 millóns de euros ao ano. Ao longo de 2007 a edición reduciuse a 4.000 exemplares.