Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A XUNTA GASTA 1,8 MILLÓNS AO ANO SÓ NA IMPRESIÓN DO DIARIO OFICIAL

Valencia suprime o seu "DOG" en papel mentres Galiza se limita a reducir a tiraxe

O Diari Oficial da Generalitat Valenciana (DOGV), equivalente ao DOG galego, deixará de editarse en papel co novo ano e pasará a ser exclusivamente electrónico. Isto suporá un aforro mínimo de de tres millóns de euros e de 960 toneladas de papel cada lexislatura. A Consellería de Presidencia acaba de confirmarlle a Vieiros que non está prevista a desaparición do DOG en papel, aínda que anuncia un recorte na tiraxe de exemplares a partir de xaneiro. Os 5.500 boletíns que se editan en papel, e que están custando 1,8 millóns de euros ao ano, pasarán a ser 4.000. A Xunta tamén anuncia que se poderá acceder axiña a todos os DOG históricos en versión electrónica e de balde.

- 10:25 21/12/2006
Tags:

A Comunidade de Valencia anunciou que a partir do vindeiro mes deixará de imprimir o seu Diario Oficial para fomentar o aforro económico e ecolóxico. O DOGV só poderá consultarse na rede. En Galiza os cambios van ir moito máis lentos e a Xunta anuncia que se conformará cunha redución na tiraxe actual. Só os traballos de impresión dos 5.500 exemplares anuais, que se encargan a empresas privadas, estanlle a custar á administración a elevada cifra de 1,8 millóns de euros.

Mentres que en Galiza aínda non se confía de todo nas posibilidades das novas tecnoloxías, a Generalitat de Valencia ultima un plan para que os cambios non lles afecten aos usuarios. Para garantir a accesibilidade á publicación, os valencianos poderán consultar o DOGV nas oficinas administrativas e nas librarías Llig, que son as que venden publicacións do goberno. Calquera cidadán vai poder ler e imprimir as disposicións en que estea interesado. Ademais estase a negociar un convenio para que todas as bibliotecas municipais presten o mesmo servizo de balde. Cataluña tamén valora prescindir dos diarios oficiais escritos a curto prazo.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: