Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRITICAN A POSTURA DOS TRES PARTIDOS

Os ecoloxistas arremeten contra un Plan Acuícola que “só beneficia ás multinacionais”

Chaman a participar nunha manifestación nacional que terá lugar o vindeiro 4 de novembro en Corrubedo.

Redacción - 18:16 10/10/2007

Grupos ecoloxistas e plataformas veciñais ultiman xa mobilizacións contra o Plan Acuícola que impulsa a Xunta. O primeiro acto público de protesta terá lugar o vindeiro día 4 de novembro en Corrubedo (Ribeira). A manifestación nacional terá como lema “Non ao Plan Acuícola, pola túa costa, polo teu mar”

O secretario executivo de Adega, Fins Eirexas, sinalou este mércores nunha conferencia de prensa que o plan só beneficia ás multinacionais estranxeiras. Ademais, as asociacións e plataformas entende que resulta “insostíbel e inxusto” tanto para o medio coma para os sectores pesqueiros. Eirexas cargou contra a Xunta á que acusou de beneficiar con este plan ao “capitalismo privado e estrenxeiro”.

Pola súa parte, o representante da Plataforma ambiental de Corrubedo, Manoel Santos, explicou que o proxecto acuícola que se contempla naquela zona non conta con ningún tipo de estudo de impacto ambiental dos residuos. Xosé Manuel Casais, da plataforma de Quilmas (Carnota) denunciou que as multinacionais ameazaron a algún propietarios coa expropiación para poder facerse cos terreos.

Dende Adega subliñan que pediron tres entrevistas coa conselleira de Pesca e non tiveron resposta ningunha. Mais tamén lembraron que os PSdeG, BNG e PPdeG apoian un plan que están seguros que vai facer baixar o prezo do peixo, á vez que é un perigo ambiental para as costas.

Manifestación do día 4:

Organizacións convocantes
: Adega, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma Veciñal en Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas (Carnota), Plataforma pola Defensa do Litoral de Seráns (Porto do Son), Comisión de Propietarios/as Laxe Brava (Teira-Corrubedo), Plataforma Veciñal Xove-Lago, Plataforma Veciñal de Merexo (Muxía), Plataforma de Afectados/as de Arou (Camariñas), Plataforma de Afectados/as de Oia, Plataforma de Afectados/as de Foz, Agrupación de Mariscadoras/es de Corcubión, Cooperativa de Mergulladores/as da zona 5ª.

Apoian: Greenpeace, Salvemos Monteferro, SOS Courel, Colectivo Fusquenlla, Ortigueira Sostible, Colectivo Arraianos, Asociación Sagres de Aguiño, Asociación Cultural Choiva Azeda (As Pontes), Asociación Natura Celtica (Cangas), BNG de Ribeira, Frente Popular Galega, CUT (Central Unitaria de Traballadores), Colectivo Nacionalista de Marín.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: