Un desbalde que suma unha cantidade similar aos cartos recibidos en axuda internacional durante ese tempo.
Prevención de malaria, Sida e outras enfermidades, fornecemento de auga potábel, infraestruturas sanitarias, cobertura educativa... Ducias de prioridades posíbeis sufriron de falta de financiamento nos últimos quince anos no continente africano.
Os colectivos Intermón, Iansa e Saferworld fixeron unha investigación ao respecto do período 1990-2005 e atoparon que no mesmo período, os conflitos bélicos acontecidos en África supuxeron un gasto similar ás cantidades ingresadas nese tempo froito das axudas da comunidade internacional.
Foron nese período até 23 países onde abrollaron diversos conflitos bélicos e que en moitos casos afectaron gravemento a países veciños. Os investigadores atoparon que os buratos de crecemento económico negativo sufridos neses lugares poderían ter sido evolucións positivas de non vérense implicados en guerras. O estudo vai unido á petición dun Tratado sobre o Comercio de Armas que free a situación.