A morte de dous soldados no sureste de Turquía faille gañar forza ás posicións máis belixerantes.
Hai xa meses que altos mandos do exército especularan en Turquía coa posibilidade de que máis axiña que tarde o país puidese lanzar unha operación militar no norte de Iraq contra intereses curdos. Daquela, o pese do criterio estadounidense, temeroso de ver medrar a tensión na zona, tería evitado que ese movemento tivese lugar.
Pero ese posíbel ataque segue entre as prioridades da axenda militar turca, segundo transcendeu este luns, día no que tivo lugar unha xuntanza do xefe do Estado Maior do Exército turco, Iasar Büyukanit co presidente Abdulá Gül o primeiro ministro, Recip Tayip Erdogan. Turquía denuncia que unidades ás que cualifica de "terroristas" pertencentes ao Partido dos Traballadores do Kurdistán, son responsábeis dos sucesos que nos últimos tempos remataron coa morte de varios soldados turcos. A última hora conta do aumento do despregue militar turco na fronteira con Iraq.