Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Confirman que o cárcere de Guantánamo podería pecharse

O dimitido fiscal xeneral dos EUA autorizou o uso da tortura

Prácticas explicitamente permitidas, segundo documentos internos no departamento de Xustiza.

Redacción - 09:00 05/10/2007

Apenas un par de meses despois de que o Departamento de Xustiza declarase en público a tortura como "práctica deplorábel" o cambio no liderado do ministerio levou a Alberto Gonzales ao seu control e a súa chegada coincidía co envío a diversos funcionarios dun guieiro de novas "tácticas" para o interrogatorio.

Así, en documentos secretos autorizados por Gonzales, por vez primeira déuselle autorización "explícita" a unha mestura de prácticas causantes de dor física e psicolóxica nos interrogatorios de sospeitosos de terrorismo. Entre as tácticas permitidas estarían os golpes na testa, a simulación de afogamento ou o sometemento a temperaturas extremas. A información fíxoa pública esta semana o xornal The New York Times, onde poden ampliar información.

Por outra parte, o secretario de Defensa dos Estados Unidos, Robert Gates, declarou novamente esta semana que podería pecharse o cárcere de Guantánamo. "Dixen en diversas ocasións que me gustaría ver esas instalacións pechadas", afirmou para a prensa chilena durante a súa viaxe a este país. "O que estamos estudando é como facelo de xeito que se contemplen os dereitos das persoas arrestadas e ao tempo que se protexa aos estadounidenses e a outros cidadáns do mundo".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: