Formalizouse a cesión do edificio da Escola de Mecánica da Armada, que fora centro de detención durante a ditadura militar.
Segundo algúns estudos foron até cinco mil as persoas que sufriron torturas, moitas delas acabadas en asasinato, no interior das instalacións da vella Escola de Mecánica da Armada, a ESMA, que foi tamén unha das maternidades clandestinas onde se orixinaron algúns dos casos de apropiación de meniños denunciados despois da caída da ditadura.
Esta cuarta feira, realizouse unha cerimonia oficial de traspaso do edificio por parte do Ministerio de Defensa e en beneficio da capital arxentina. Bos Aires acollerá no futuro e no mesmo lugar o chamado Museo da Memoria.
Máis na BBC e en Clarín.