Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Por riba dos pro-rusos

As forzas da coalición "laranxa" preto da maioría en Ucraína

A formación do actual presidente Iouchtchenko e da ex primeira ministra Timochenko sumarían os votos necesarios para gobernar conxuntamente.

Redacción - 09:00 01/10/2007

Durante a mañá deste luns coñeceranse os primeiros resultados oficiais dos comicios xerais celebrados en Ucraína esta fin de semana. No entanto, os datos das sondaxes publicadas ao pechárense as urnas coinciden na avaliación dos probábeis resultados. Así, as forzas herdeiras do movemento que en 2004 fora protagonista da bautizada Revolución Laranxa, aparecen coa suma suficiente para a formación dun novo goberno.

Con todo, a formación máis votada sería o pro-ruso Partido das Rexións, do actual primeiro ministro Ianukovich, con máis do 35% dos votos. Atrás del estaría o BYT, liderado pola ex primeira ministra Iulia Timoshenko, con arredor do 31% dos sufraxios. A moita distancia deles aparecen Nosa Ucraína-Autodefensa Popular, a formación apoiada polo presidente Iouchtchenko, cun 14% de apoios, o Partido Comunista, co 5%. Pasaría ademais a barreira necesaria para conseguir representación parlamentaria o BL, que ten á fronte ao ex líder parlamentario Valdimir Litvin, quen aínda non decidiu a dirección do seu apoio poselectoral.

Nese contexto o escenario máis probábel sería a recuperación do pacto entre Iouchtchenko e Timochenko, que lle devolvería a esta última o cargo de primeira ministra.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: