Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE SOBRE A MONARQUÍA

ERC propón que o presidente substitúa ao rei como xefe das Forzas Armadas

Inicialmente a emenda foi presentada no Senado pola Entesa Catalá de Progrés, da que tamén forman parte IU-ICV e PSC, que a última hora se desmarcaron.

Redacción - 10:40 28/09/2007

Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) presentou este xoves no Senado unha emenda parcial ao proxecto de Lei da Carreira Militar para que o presidente do goberno español substitúa ao rei como xefe supremo das Forzas Armadas do país.

ERC considera que non se pode admitir en democracia que o máximo rango militar se outorgue "en función de nacemento e non de capacidade".

O portavoz do PSOE, Diego López Garrido, recomendoulles aos tres grupos que "lean a constitución", pois pretenden "darlle ao presidente do goberno unha cousa que xa ten". Dende o PP afirman que, tras este episodio, cómpre máis que nunca a convocatoria de eleccións.

Inquietude no PSOE

Aínda que inicialmente se rexistrou baixo o nome da Entesa Catalana de Progrés (integrada por PSC, ERC e IU-ICV) á última hora da tarde a dirección da coalición no Senado precisou que é responsabilidade exclusiva de ERC "que recuperou esas emendas do Congreso para presentalas no Senado".

O certo é que, segundo algúns medios de comunicación da capital española, a proposta causou inquietude no seo do PSOE, que tras unha serie de contactos logrou que os socialistas cataláns se desmarcasen desta, así como tamén os senadores de Esquerda Unida en Cataluña.

Oficialmente, afirman que a Entesa se rexe por un protocolo en virtude do cal, cando se inicia a tramitación dun proxecto de lei no Senado, os grupos de EU-ICV e ERC no Congreso presentan baixo o nome de Entesa Catalana de Progrés as emendas que quedaron vivas tras o seu paso por esta última cámara.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: