Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Aínda sen asinar

Acordo en Ferrol entre os expropiados do barrio de Canido e a empresa

Tras a mediación do concello, os veciños chegan a acordos económicos coa empresa Albantur que quintuplican as cantidades ofertadas polo anterior goberno municipal.

Redacción - 12:01 27/09/2007
Anxo Mato, este mércores

Anxo Mato, este mércores

Segundo informou este mércores o concelleiro de Urbanismo de Ferrol, Anxo Mato, tras a mediación do concello nos últimos tres meses, os propietarios de tres das vivendas expropiadas no barrio de Canido chegaron a acordos coa empresa Albantur, que supoñen indemnizacións que multiplican por "catro ou por cinco" a cantidade estipulada con anterioridade.

O conflito se remonta ao ano 2003, cando Albantur presentou un proxecto de urbanización de luxo da Rúa poeta Pérez Parallé que obrigaba á expropiación e derrubamento de varias vivendas.

O Concello de Ferrol, gobernado polo Partido Popular e Independentes por Ferrol, procedeu á expropiación de 14 vivendas, cunha taxación equivalente ao prezo de catastro: entre 4.000 e 10.000 euros por casas duns 60 metros cadrados.

Desconfianza dos veciños

Segundo Mato, "o problema está pechado e xa hai un compromiso económico da empresa". Porén, os veciños sinalan que o conflito non está totalmente solucionado. O pacto aínda non está pechado nin asinado, segundo aseguran os afectados, que amosan a súa desconfianza á espera de ter o compromiso por escrito.

A rúa Poeta Pérez Parallé tardará ao redor de dous anos en se urbanizar, nunha zona onde se podería situar, ademais, o centro social que demanda dende hai anos a asociación veciñal de Canido.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: