Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pasou en Ferrol

Un cabo da Armada denuncia que o acosan laboralmente por casar cunha transexual

Segundo denuncia, un mando atemorizouno dicindo que "nos tempos de Franco xa estarías morto, roxo maricón"

Redacción - 10:15 26/09/2007

Naima Pedreiras é a dona do cabo da Mariña Pedro Rodríguez, a quen lle foi negado o permiso de voda, por non ter "un casamento normal", asegura Pedreiras. Ademais a muller afirma que a súa parella foi sometida a acoso laboral, o que o conduciu a unha baixa por depresión. Os feitos denunciáronse, mais Pedro Rodríguez só quere que o trasladen á forza, para non ter que continuar en Ferrol.

Segunda informa El País, a denuncia por acoso laboral foi presentada na capitanía de Ferrol, despois de que o capitán de intendencia de Rodríguez lle negase o seu permiso de 15 días por voda. O cabo da Mariña casou en xullo con Naima Pedreiras, unha transexual ferrolá, mais ao seu capitán de intendencia non lle pareceu motivo abondo para darlle o permiso, que, segundo Naima, non lle foi concedido porque "o seu non era un casamento".

"Nos tempos de Franco xa estarías morto, roxo maricón",
Isto foi o que lle dixo o seu superior a Pedro Rodríguez cando este lle foi falar sobre o permiso denegado. Despois de tratalo deste xeito, ameazouno dicíndolle que o ían vixiar, segundo conta Pedreiras. A partir de aí o cabo abandonou o seu posto en tarefas administrativas e comezou a traballar como soldado rasos, limpando os almacéns, ao tempo que era chamado a cada momento polo seu superior que seguía a controlalo.

Dende mediados de agosto este feito está denunciado, mais Pedro Rodríguez aínda non conseguiu o traslado forzoso pola vía militar. A parella reclama a axuda dos políticos, ao non obter resposta a dúas cartas enviadas ao Goberno Galego e español.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: