A vicepresidenta española recoñece que aínda existen fugas pero insiste en que son "moi pequenas".
A vicepresidenta primeira do goberno español, María Teresa Fernández de la Vega, dixo este venres, logo do consello de ministros, que o Prestige “xa non é unha ameaza, nin para a costa nin para o ecosistema”,
De la Vega subliñou que xa concluíu a terceira campaña de inspección do barco afundido e cualificou os resultados de “moi satisfactorios”. Porén, recoñeceu que continuaban unhas fugas que minimizou: “a cantidade de fuel que actualmente escapa é moi pequena e, segundo os expertos, non é unha ameaza nin para a costa nin para o ecosistema”