A asociación cultural e deportiva
Unha Grande Chea, de Cambados, informa de que se está a argallar un calendario con espidos artísticos no que participarán distintos colectivos da vila. O diñeiro recadado destinarase á ONG Esperanza Salnés, especializada na atención aos nenos con discapacidade.
No blog de Unha Grande Chea, os dous impulsores da idea explican como xurdiu: un día, ao ver a precaria situación económica pola que estaba a pasar Esperanza Salnés, ocorréuselles facer un calendario erótico. E a iniciativa saíu adiante grazas ao típico desafío masculino.
No calendario está previsto que participen clubs deportivos e grupos de amigos da vila e da comarca. Aínda que nun principio a idea xurdiu entre homes, tamén haberá algún mes con fotos femininas. As fotos serán de tipo artístico e o encargado de tiralas e de deseñar a iluminación será Eduardo Apariz, autor de
Cambadosenfotos.net.