Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NORMALIZACIÓN

O BNG pide medidas contundentes contra un hospital coruñés que vulnerou os dereitos lingüísticos dun menor

Aínda que a Secretaría Xeral de Política Lingüística amonestou por escrito ao centro, os nacionalistas coidan que cómpre ir máis aló.

Redacción - 12:44 03/09/2007
Bieito Lobeira, parlamentario do BNG

Bieito Lobeira, parlamentario do BNG

O deputado Bieito Lobeira (BNG) pídelle á Secretaría Xeral de Política Lingüística que tome máis medidas de presión contra o hospital Modelo da Coruña por ter vulnerado os dereitos lingüísticos dun menor. Dende A Mesa pola Normalización denunciaran que unha pediatra deste centro privado esixíralle a un rapaz que se dirixira a ela en castelán.

O departamento que dirixe Marisol López cualificou estes feitos de “especialmente graves” e decidiu remitir un escrito de protesta ao hospital herculino. Lobeira valora esta decisión; aínda así, demanda que Política Lingüística vaia máis aló en casos como o descrito.


4,59/5 (17 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: