Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

Dous galegos dominan a montaña

Óscar Freire aproveitou unha caída masiva diante da escola Mestre Mateo na que se viu implicado o anterior líder, Bennati, para se converter no líder da Vuelta.

Redacción - 17:33 02/09/2007
Serafín Martínez / Foto: Unipublic

Serafín Martínez / Foto: Unipublic

A segunda etapa da Vuelta Ciclista a España, entre Allariz e Santiago de Compostela, rematou coa vitoria de Óscar Freire, do Rabobank, que levará a partir de agora o xersei amarelo. O primeiro galego en acadar a meta foi Ezequiel Mosquera, do Karpin, no posto 17. Anteriormente, o seu compañeiro de equipo Gustavo Domínguez protagonizou unha escapada, o que lle valeu a segunda praza na clasificación da montaña, liderada de novo por Serafín Martínez.

Carlos Castaño mancouse nunha caída fronte á escola Mestre Mateo de Compostela, que tamén evitou que Daniele Bennati se mantivese no liderado da competiciónm.

Na clasificación xeral, Mosquera é sétimo. A etapa de mañá será a derradeira no noso país. Partirá de Viveiro até a localidade asturiana de Luarca, cun percorrido de 155 quilómetros.


4,83/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: