Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESTABA DESTINADA AOS MÁIS PEQUENOS DA CASA

A Garda Civil forzada a borrar da súa web unha advertencia contra o p2p

A Asociación de Internautas publicou unha carta na que advertía ao ministro de Interior de que o uso das redes de intercambio de arquivos non é delito

Redacción - 10:40 31/08/2007

Non descargues películas nin música. Aínda que coñezas a amigos que o fan, estarás cometendo un delito”. Esta é a 'advertencia' que se podía ler na web da Guardia Civil e que onte foi denunciada pola Asociación de Internautas (AI) ante o Ministerio de Interior.

Tras a a alerta, a Garda Civil cambiou o texto. Agora pode lerse “se descargas películas ou música, asegúrate de non estar infrinxindo os dereitos de propiedade intelectual, poderías incorrer nun delito. Que moitos o fagan non significa que sexa legal”.

Sorprende, en todo caso, a complexidade da redacción, tendo en conta que figura nun apartado titulado “Consellos para internautas cativos”.


A rectificación da Garda Civil prodúciuse inmediatamente despois de que a AI publicase unha carta que lle mandara ao ministro Alfredo Pérez Rubalcaba advertíndoo do erro na web. “Baixar arquivos ou intercambialos nas redes P2P non é un delito en ningún caso. Cómpre dicir, alto e claro, que é totalmente falso, salvo que exista ánimo de lucro en sentido de lucro comercial estrito, e non obter unha simple vantaxe, segundo dixo a Fiscalía Xeral tras estudar este asunto”, argumentaba a misiva da Asociación de Internautas.


5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: