Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Declaracións do ex presidente

Fraga di que Reganosa e a Cidade da Cultura son as súas mellores obras

"Os que defenden como gato panza arriba que Reganosa se vaia, só queren que se lles merque o seu silencio con cartos", afirmou este luns nunha cena homenaxe en Cabanas.

Redacción - 13:45 28/08/2007
O ex presidente Manuel Fraga

O ex presidente Manuel Fraga

O ex presidente do Goberno, Manuel Fraga, foi o protagonista este luns dunha cea homenaxe por parte do PPdeG de Cabanas e de Pontedeume. O fundador do Partido Popular afirmou que "do que estou máis orgulloso da miña época como presidente da Xunta é da planta de Reganosa e da Cidade da Cultura", informa este martes El Correo Gallego.

Ademais, engadiu que "os que critican esas dúas xestións son os que nunca fixeron nada". Respecto aos que protestan contra a regasificadora dixo que "semella que a xente tolea", e xustificou o seu funcionamento para darlles servizo aos ciclos combinados das Pontes e de Sabón.

Segundo Fraga, "os que defenden como gato panza arriba que Reganosa se vaia só queren que se lles merque o seu silencio con cartos". O ex dirixente cualificou tanto esta obra como a da Cidade da Cultura como "moi positivas", e engadiu que "tamén o Palacio de Versalles recibira críticas no seu día".


1,4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: