Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NAS FESTAS DE SAN BARTOLOMEU

A falta de cartos públicos bota abaixo corridas de touros en Noia

O novo goberno municipal, composto por socialistas e nacionalistas, decidiu acabar coas subvencións.

Redacción - 11:42 24/08/2007
Tags:
Nos últimos catro anos houbo corridas de touros nas festas de San Bartolomeu

Nos últimos catro anos houbo corridas de touros nas festas de San Bartolomeu

A organización política Galiza Nova ben de mostrar a súa satisfacción polo feito de que “por primeira vez nestes últimos catro anos, no marco da celebración das festividades de San Bartolomeu de Noia, que se celebran esta mesma semana, non vai haber oportunidade de acudir á celebración de sacrificios públicos de touros na localidade”.

A suspensión da tourada ten moito que ver coa decisión do novo goberno local (PSdeG-BNG) de non destinar cartos públicos en forma de subvención. Agora, dende Galiza Nova queren que o executivo dea un paso máis aló e declare “anti-taurino” o municipio de Noia.


5/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: