O furacán, debilitado, atravesa o Golfo de México cara Veracruz, mais os expertos prognostican que recobre forzas antes de que toque terra esta tarde.
Na rede:
Na prensa:
O Centro Nacional de Furacáns estadounidense (CNH) informou que o furacán Dean continua debilitándose ata a categoría 1, e desprázase a unha velocidade de 30 quilómetros por hora cara á costa de México. Agora témese polo seu fortalecemento ao tocar terra pola tarde.
Centro Nacional de Furacáns estadounidense (NHC) informou ás 5.00 horas deste mércores que o furacán Dean continuaba a se debilitar e que actualmente está cualificado como de categoría 1.
O centro do furacán atopábase a uns 345 quilómetros de distancia ao leste de Veracruz e malia a súa perda de forza, o CNH advertiu de que se prevé o seu "fortalecemento antes de que volva tocar terra", que segundo as previsións se producirá na tarde de hoxe (horario de Galiza) en Tecolutla, cidade situada entre Tampico e Veracruz.