Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois do sismo

Fronte ao caos e os saqueos Perú pon o exército nas rúas

Falta de alimentos, desorganización na xestión da crise, tardía chegada das axudas internacionais, pillaxe... A situación complícase en Perú logo do terremoto.

Redacción - 13:15 19/08/2007

Na rede:

  • Blogueira galega no Perú, conta a experiencia
  • Usuarios de Flickr soben fotos sobre o sismo: enlacenacional Na prensa do Perú (fotos, datos, infografía):

O saqueo este sábado de varios vehículos que levaban víveres para as vítimas da zona do sismo acendeu as alarmas en Perú. O propio presidente, Alán García, advertiu que fronte ao caos podería ser necesario "impoñer o toque de queda". De momento, milleiros de policías e militares foron enviados á zona.

Mentres, segue medrando a cifra de mortos na catástrofe, que podería pasar xa de 600. Na zona de Chincha, onde o sismo tamén zoupou forte, os cidadáns denuncian tamén o temor pola fuga de centos de presos do cárcere da zona onde caeron os muros. Dan conta tamén do caótico da situación as denuncias por roubo de material hospitalario e de saqueo de almacéns de ONGs.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: