A crise fai que o goberno norcoreano solicite deixar para máis adiante o histórico encontro co goberno de Corea do Sur que se fixara para finais de mes.
Son arredor de 300 mil persoas as que quedaron sen fogar, 90 mil hectáreas de campos de cultivo que se perderon, por riba de 200 mortos e un cento de desaparecidos. A avaliación chega desde as Nacións Unidas e a Federación Internacional da Cruz Vermella en Corea do Norte.
Unha delegación da ONU visitou o país estes días e informou da situación especialmente grave en catro provincias do sur do país, fortemente dependente do labor agrícola. Aínda sen xulgar directamente a dimensión do desastre, desde o goberno de Corea do Norte enviouse a Corea do Sur unha petición para o aprazamento do cumio conxunto estabelecido para a última semana de agosto, entre os días 28 e 30. Os dous países acordaron que o encontro se celebre dous meses máis tarde, entre o 2 e o 4 de outubro.
Recomendámoslles seguir a última hora na Axencia Yonhap.