Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
Escándalo na Arxentina

Scanner para roubar en Ezeiza

Un equipo de xornalistas denunciou que empregados do terminal aeronáutico rouban elementos de equipaxes xa despachadas polos pasaxeiros, grazas ao uso dos escáners instalados alí para coidar a seguridade dos voos. Unha crónica de Débora Campos.

Débora Campos - 09:30 13/08/2007



Os empregados do aeroporto Internacional de Ezeiza Ministro Pistarinide da Arxentina -que teñen a tarefa de coidar a seguridade dos voos internacionais- adícanse sistemáticamente a detectar grazas aos scanners alí instalados obxectos e pertenzas dos pasaxeiros e roubalas escandalosamente. A denuncia saíu á luz na noite do mércores, cando o telexornal do canal 13 mostrou cunha cámara oculta como as maletas son abertas e dalí son roubados dende móbiles até ordenadores, Ipods, cámaras fotográficas ou até uns insignificantes chocolates.

O Goberno arxentino prometeu onte afondar na investigación da denuncia dos roubos no aeroporto internacional de Ezeiza que afectan a milleiros de persoas (arxentinos e extranxeiros). Ademáis, os funcionarios garantiron que se botará aos responsables: "O traballo do Goberno é o de brindar seguridade conforme ás atribucións que temos", dixo o ministro do Interior, Aníbal Fernández. E rematou:"A nosa xente ten a responsabilidade de botar a quen atopemos nesa actitude".

O martes pola noite, o telexornal Telenoche presentou un informe sobre a mafia dos "abrevalijas" no aeroporto. No documento deixábase ver como empregados de seguridade roubaban elementos de equipaxes xa despachadas, mediante o uso dos escáners instalados na terminal aérea.

Preto da pista, nun sector chamado "patio de las valijas" até onde chega, por unha cinta, a equipaxe que xa foi despachada polos pasaxeiros, os operadores de dúas empresas privadas de seguridade revisan as maletas a través dun scanner. Grazas a esa tecnoloxía, os ladróns detectan os aparellos e pertenzas de valor que lles interesan e logo apartanas para abrilas con destreza, roubar o que queren e pechalas para que sigan a súa viaxe.

A terminal aérea de Ezeiza é a principal da Arxentina, situada a uns 30 quilómetros ao sur da cidade de Buenos Aires. Un testemuña arrepentido que fixo a denuncia dixo que os furtos son responsabilidade, por complicidade, do persoal de seguridade, os maleteiros e a policía aeroportuaria.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: