Coa intención de reflexionar sobre a construción de alternativas para o presente e para o futuro. Realizarán un roteiro e despois un xantar de confraternidade.
Diversos sectores da esquerda anticapitalista do Bierzo, agrupados baixo a imaxe da Estrela Vermella de Cinco Puntas, organizan este sábado unha xornada, aberta a todo o mundo, con diversas actividades de recuperación da memoria histórica e co fin de "reflexionar sobre a construción de alternativas para o presente e para o futuro".
Pola mañá, estaba previsto un roteiro até as Pontes de Malpaso, partindo de Molina Seca, como "homenaxe e recoñecemento á loita das e dos guerrilleiros antifranquistas".
No acto, participa Francisco Martínez López, 'Quico', membro dun coñecido grupo guerrilleiro que actuou nesta da zona, así como Ramiro Vidal Alvarinho, poeta e activista social. Á chegada terá lugar un xantar de confraternidade.
Actividades vespertinas
Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas na Taberna "Che" de Carracedelo, esta previsto un encontro sobre a situación do mundo laboral no Bierzo, onde se abordarán temas como a precariedade, as subcontratas, a xuventude ou a emigración. A xuntanza contará coa participación de Laurentino González, membro da Rede contra a Precariedade de Barcelona.