Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DECLAROU O PRESIDENTE VENEZUELANO ANTES DE INICIAR A SÚA XIRA

A metade das reservas internacionais venezuelanas serán destinadas á constitucion do Banco do Sur

No programa dominical, Aló presidente, número 289, o presidente venezuelano dixo que a proposta do Banco do Sur é política e non técnica, e que se debe concretar para poder utilizar as reservas internacionais en beneficio dos pobos do mundo.

Xurxo Martínez Crespo - 13:29 07/08/2007

Despois de oito anos propoñendo este proxecto xurdiron algúns debates para analizar o tema, dixo o presidente Chávez indicando que de constituirse esta entidade financeira Venezuela trasladaría a metade das súas reservas internacionais, as cales se sitúan en aproximadamente 50 mil millóns de dólares (37 mil millóns de euros). O Brasil e a Arxentina, tamén están en capacidade de facer unha excelente contribución que fortaleza este plan, engadiu o presidente venezuelano.

As reservas de Venezuela puidesen estar en 50 mil millóns de dólares, dixo o presidente venezuelano, pero grazas á modificación da Lei do Banco Central de Venezuela estableceuse que as reservas internacionais só cheguen a un tope, e os excedentes a esa cifra pasen ao Fondo de Desenvolvemento Estratéxico Nacional (Fonden).

Este proxecto permítelle ao país utilizar o diñeiro depositado no Fonden para elevar a calidade de vida dos venezuelanos invistindo en saúde, ensino, infraestrutura, e outras obras.

Chávez pediulle ao chanceler (ministro de Relacións Exteriores) Nicolás Maduro non se deixar "envolver" polas comisións técnicas. "Se delegamos o tema nuns técnicos, iso morreu xa. Iso non é un problema técnico (...) senón político".

Tamén dixo que será emitido outro Bono do Sur, a cifra do cal ascende a case 5 mil millóns de dólares (3.75 millóns de euros), plan que lle permitiu ao pobo arxentino liberarse das presións emitidas dende o Fondo Monetario Internacional (FMI).

Son estratexias que se deben implementar para cambiar o rumo dos países afundidos na miseria como consecuencia das políticas capitalistas, impostas durante anos polo neoliberalismo salvaxe dixo o presidente venezuelano Hugo Chávez

Os que decidan conducir un país como Venezuela non deben ter medo ao imperio ou ás críticas porque se non serán neutralizados, puntualizou o presidente venezuelano, ao tempo de dicir que é preciso analizar as realidades para inventar alternativas que solucionen verdadeiramente os problemas dos pobos.

Recordando a frase emitida durante a súa intervención na Organización de Nacións Unidas (ONU) no ano 2006: "Ule a xofre", comparando ao mandatario estadounidense, George Walker Bush, co demo, o presidente Chávez dixo que as palabras deben estremecer ao mundo para espertar as súas poboacións.


2/5 (1 votos)