Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
En Viñetas desde o Atlántico

Gekiga, cando o manga se fixo serio

Yoshihiro Tatsumi, debuxante xaponés clave na evolución do manga cara a formatos de máis calidade, é unha das estrelas que acode ao salón do cómic coruñés.

Redacción - 12:30 07/08/2007

A Tatsumi atribúeselle o desenvolvemento do concepto Gekiga, que implicou no seu momento unha evolución temática e formal no ámbito do manga comercial tradicional de gran éxito en Xapón. De Tatsumi era tamén o primeiro manga que se publicou a nivel estatal, na revista El Víbora.

De Heroes ao Capitán Torrezno
Coma en cada edición, Viñetas desde o Atlántico reúne unha oferta diversa e de gran calidade no ámbito do cómico internacional. Pola Coruña pasarán entre outros Tim Sale, coñecido polos deseños para a popular serie televisiva Heroes; Jeff Smith, creador de Bone ou a israelí Rutu Modan, que desde o colectivo Actus Tragicus promove os novos autores da banda deselada daquel país.

De Francia chega o innovador Etienne Davodeau e do Quebec vén Jean-Louis Tripp, creador de Paroles d'anges. Do resto do Estado visitan A Coruña debuxantes como Juanjo Sáez, coñecido entre outros por ser gañador de importantes premios publicitarios, e Santiago Valenzuela, o creador de Capitán Torrezno.

O Prestige chega aos cadriños
Durante o salón herculino o guionista galego Carlos Portela aproveitará para presentar o traballo realizado conxuntamente co debuxante catalán Sergi San Julián: A Conta Atrás. Trátase dun traballo que convirte en novela gráfica a catástrofe do Prestige.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Miguel Anxo Prado, coordinador do salón do cómic, con Carlos González Garcés, concelleiro de Festas
Miguel Anxo Prado, coordinador do salón do cómic, con Carlos González Garcés, concelleiro de Festas