Mais estática, porque esta sexta feira Deporte comeza coas actividades pensadas para os galegos que van vivir de preto o paso da 'Vuelta a España', que sae o 1 de setembro de Vigo.
Chegan a Allariz as primeiras actividades programadas pola Consellería de Cultura e Deporte ao abeiro da saída da 'Vuelta Ciclista a España' 2007, que o día 1 de setembro terá a súa primeira etapa en Vigo.
Nesta sexta feira, na Alameda de Allariz instalarase un circuíto de spining -bicicletas estáticas- que contarán coa animación e o seguimento de monitores profesionais. Todas as persoas que o desexen poderán participar nesta actividade en horario de 18 a 20 horas.
Ademais do spining, instalaranse carpas de promoción do Equipo Profesional Galego, o Karpin Galicia, e da 'Vuelta', e repartiranse agasallosa todos os presentes.