Os de Meira, que agora van a cinco puntos dos de Moaña, lograron terminar coas seis vitorias seguidas do Tirán. A sétima e a oitava bandeira foron para eles.
Xa o sábado tiñan gañado a bandeira en Poio, mais o domingo, nunha das probas máis importantes do circuíto galego, a 'XXVI Bandera Corte Inglés', na ría de Vigo, os de Meira impuxéronse aos seus veciños de ría, os da SD Tirán, terminando coa súa racha de vitorias.
Os do Tirán, con seis vitorias seguidas, en seis probas disputadas, saían tentando manter o seu liderado, na última quenda, na que ían todos os favoritos. O tempo dos de Chapela en cada virada era o primeiro. Samertolaméu recortou os cinco segundos que lle levaban os de Redondela e nos últimos catrocentos metros sumou un segundo máis, conseguindo a vitoria final na proba. Detrás chegaban o Náutico, que ficopu terceiro, os de Perillo, que quedaron quintos, e o líder, o Tirán, que quedou finalmente sexto.
A próxima proba, a vindeira fin de semana en Castropol, competindo pola Bandera Príncipe de Asturias.
As cousas van como seguen na Liga Galega de Traíñas
1- S.D. Tirán, 90 puntos.
2- S.D. Samertolameu, 85 puntos.
3- R.C. Náutico de Vigo, 75 puntos.
4- C.Regatas Perillo, 74 puntos.
5- C.R. Chapela, 68 puntos.
6- Amegrove C.R., 56 puntos.
7- C.R. Coruxo, 49 puntos.
8- A. D. Esteirana, 46 puntos.
9- C.R. A Cabana, 36 puntos.
10- C.R. Puebla, 32 puntos.
11- Credimotor C.R. Ares, 30 puntos.
12- S.D. As Xubias, 11 puntos.
13- C.Mar de Castropol, 7 puntos.