O club de remo Samertolameu celebrou esta fin de semana o seu patrón co triunfo final na Liga Noroeste de Traíñas. Logo de ter dominado con moita superioridade a proba desde o seu comezo o pasado 10 de xuño, os de Moaña acadaron esta fin de semana o primeiro posto na XVI Bandeira de Oleiros e o segundo posto na de Ferrol. O Amegrove, que rematou cuarto en Oleiros, obtivo finalmente o segundo posto da xeral, seguido no podio polo club Perillo. Os gañadores recolleron a bandeira que os acredita como campións da liga de mans de Milagros Lantes, delegada provincial da Consellaría de Deportes. Deste xeito, a Liga Noroeste, despídese das augas galegas ata o próximo verán.
Liga Noroeste
III Bandeira de Ferrol
1º.- Tirán
2º.- Samertolameu
3º.- Vila de Cangas
XVI Bandeira de Oleiros
1º.- Samertolameu
2º.- Perillo
3º.- Náutico Vigo
Clasificación xeral final
1º.- Samertolameu / 196 puntos
2º.- Amegrove / 173
3º.- Perillo /163
Liga ACT
XVI Ikurriña Inmob. Orio
1º.- Hondarribia Pasquier
4º.- Mecos
10.- Cabo
VIII Bandera Flaviobiga
1º.- Castro
9º.- Cabo
10º.- Mecos
Clasificación Xeral
1º.- Hondarribia Pasquier / 150 puntos
6º.- Cabo / 87 puntos
9º.- Mecos / 74 puntos