Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN NOIA

CC.OO denuncia unha cadea de supermercados por despedir unha candidata sindical

Aseguran que botaron á muller do seu traballo por dar conta das abusivas condicións laborais.

Redacción - 13:36 20/07/2007

A Federación de Comercio, Hostelaría e Turismo de Comisións Obreiras vén de denunciar á cadea de Supermercados Claudio por ter despedido a unha traballadora en Noia. A organización sindical asegura que detrás do caso hai un ronsel de ameazas e de presións contra esta muller por ter denunciado a situación laboral das compañeiras.

Segundo CC.OO, o conflito comezou cando o pasado mes de xuño a traballadora elaborou un informe no que se relataban vulneracións moi graves do convenio. No documento, entre outras cousas, afirmábase que as operarias traballaban os sete días da semana e que se lles prolongaba a xornada laboral dúas horas e media máis do acordado, chegando a pechar a porta para impedir a saída do persoal.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: