A decisión interprétase como un xesto de boa vontade cara o presidente da Autoridade Palestina, Mahmud Abbas.
A primeira hora desta mañá, o goberno de Israel puxo en liberdade a 255 militantes da causa palestina, a gran maioría vinculados á organización Al Fatah. Entre outros, quedou en liberdade Abdel Rahim Malouh, número dous da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, FPLP. Os palestinos viaxaron en autobuses do exército cara un posto de control próximo a Ramala, onde agardaban por eles centos de persoas.
O presidente da Autoridade Nacional Palestina, Mahmud Abbas, deulle a benvida e sinalou que seguirá a traballar polos 11.000 palestinos que aínda permanecen encadeados. A decisión de Israel encádrase dentro dunha promesa que lle fixera o pasado mes de xuño primeiro ministro Ehud Olmert a Abbas.