A asociación local Memoria Histórica do 36 sospeita que hai razóns políticas
A historiadora María Victoria Martínez Rodríguez está agardando que o Concello de Ponteares lle escriba, ou máis ben que lle xire o seu cheque. Martínez gañou hai ano e medio o Premio de Investigación Fermín Bouza Brey. Nun traballo titulado “Muller e franquismo. A Sección Feminina en Ponteareas, 1936-1955” analizaba as estruturas falanxistas que había no municipio naquela época.
Segundo a Asociación Memoria Histórica do 36, os reponsábeis económicos do consistorio néganse a facerlle fronte á débeda de 2.000 euros e sospeitan que pode ter que ver con motivos ideolóxicos. O colectivo xa se puxo en contacto con avogados para encontrar a maneira legal de solventar o problema.