Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Frouxa estrea na montaña

O pelotón deixa o combate do Tour para outro día

Un amplísimo grupo de corredores chegou xuntiño á cima de Le Colombiere, o que dá conta de que apenas houbo agasallo para o espectáculo na primeira tirada dos Alpes.

Redacción - 17:12 14/07/2007

Renunciaron á loita os equipos este sábado nunha subida que en anos anteriores pasaran en cabeza corredores históricos como Marco Pantani, Richard Virenque, Eduardo Chozas ou Piotr Ugrumov. Paradoxalmente, non houbo pelexa este 2007.

As ramplas máis complicadas do esixente porto de primeira categoría que os ciclistas subían este sábado foron escenario dunha aparente ausencia de combate entre os principais candidatos a gañar a carreira este ano. Aproveitando o espazo conseguido nunha escapada de varios corredores, o alemán Linus Gerdemann sufriu até a cima de La Colombière e mantivo a diferenza na longa baixada posterior até a liña de meta.

Malia que a pé da montaña parecía percibirse certa tensión no pelotón, mentres pasaban os minutos os corredores reducían a marcha con estratexia conservadora en estremo. Igual que o día anterior, destacou a escasa ambición de equipos coma o Caise d'Epargne, de Óscar Pereiro, o Rabobank de Denis Menchov , o CSC, de Carlos Sastre, ou o Discovery, de Leipheimer.

O ritmo cicloturista que xa concederan na xornada anterior, facilitara daquela a recuperación dos dous grandes favoritos da carreira, Alexander Vinokourov e Andreas Klöden, do Astana, o primeiro con sete puntos de sutura nun xeonllo e oito na outra e o segundo cunha fisura nun óso. Vinokourov e Klöden estiveran no gume da retirada o venres e había dúbidas sobre a súa saúde para o desafío deste sábado. Pero os dous días, o frouxo ritmo do pelotón facilítalles seguir na carreira e tratar de recuperar para o resto da carreira.

Poden ver todas as clasificacións na web oficial do Tour.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: