Despois da tirada do venres, que Óscar Pereiro definiu como a etapa "máis tranquila", chega o primeiro desafío na montaña.
Cando despois de máis de 170 quilómetros de carreira os ciclistas lle dean duro aos pedais buscando o mellor ritmo para subir até o Col de la Colombiére, terán pasado xa por un pronunciado porto de terceira categoría a pouco de iniciar a saída e, despois da zona de avituallamento, outros dous outeiros de 3ª e 4ª categoría.
Logo de algo máis de trinta quilómetros de terreo máis fácil, será entón cando con probabilidade comecen os tirapuxas entre os que máis forzas leven neste Tour. Óscar Pereiro amosábase seguro das súas forzas este venres, despois nunha etapa da que asegura que foi na que "menos tensión houbo" dende o comezo do Tour.
Pereiro está seguro de que a tirada deste sábado vai comezar a ordenar a clasificación cara a París. "Non se vai a decidir o Tour pero imos ter unha idea máis clara de quen pode ou non gañar porque é probable que alguén falle", avisa o galego, ao tempo que confía nas súas posibilidades: "Espero non ser eu nin ninguén do meu equipo".
Poden seguir a etapa a través de internet.