Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Na convocatoria do XV Certame de Poesía

A AGAL pídelle a Espiral Maior que aclare a súa idea de "normativa vixente"

Dende o Consello da Associaçom Galega da Língua esixen unha explicación sobre as bases do certame de poesía, que diferencian "galego (na normativa vixente) e portugués".

Redacción - 09:00 15/07/2007
Para unha luz ausente, de Xavier Seoane, foi o último gañador do certame

Para unha luz ausente, de Xavier Seoane, foi o último gañador do certame

Na sección "Lecer" d'A Nosa Terra, nº 1272, da semana do 14 ao 20 de xuño, aparece convocado pola Editorial Espiral Maior o XV certame de poesía, ao que se poden presentar libros inéditos escritos en galego "segundo a normativa vixente" ou en portugués. O Consello da AGAL demanda unha aclaración, por parte da editorial, en canto á normativa á que se refiren. Salientan que "vixente" é tamén, dende o 81, a norma da AGAL, coñecida como norma lusista ou reintegracionista, e que os escritos dun número importante de intelectuais, asociacións xuvenís ou colectivos sociais diversos emprégana.

A AGAL quere que se determine porque se emprega a expresión "normativa vixente" en galego e non para o portugués. A Academia das Ciências de Lisboa recoñeceu a norma AGAL como válida. Normativas vixentes, segundo a AGAL, "tamén poderían ser as modalidades brasileira, angolana, mozambicana, timorense, ou galega, que se integran no diasistema do portugués e presentan unha ortografía histórico-etimolóxica".

Por todo isto, queren que se aclare se no chamado "portugués" inclúen a variedade galega da AGAL, e advirten da necesidade de que as persoas que presenten un escrito que non se axuste nin ao padrão de Lisboa nin á norma da RAG-ILG teñan a mesma consideración có resto de participantes. O prazo de entrega do premio rematou o 30 de xuño, e o 24 deste mes coñeceremos a resolución do xurado.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: