O Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol pídelle aos cidadáns que acudan ao peirao con “todo o que poida facer ruido”
O quinto gaseiro que se agarda que entre este venres na planta de Reganosa tamén vai ter un recibimento pouco amigábel. O Comité Cidadán fixo un chamamento para que os ferroláns vaian ao peirao con cazolas e “todo o que poida facer ruido” para darlle unha particular “saúda” ao buque.
A entrada do gaseiro está prevista para as 16:28 horas, coincidindo coa preamar diurna. Ademais das protestas en terra, agárdase tamén que os mariscadores saian ao mar á mesma hora para protestar.