Logo de que a Consellaría de Medio Ambiente anunciara a revisión de todas as concesións outorgadas.
O Consello da Xunta acordou este xoves denegar a autorización dunha explotación mineira no Caurel. A canteira foi solicitada pola empresa Lousas Quiroga S.A., mais os informes da Consellaría de Medio Ambiente e da Comisión Superior de Urbanismo desaconsellaron o proxecto.
A decisión prodúcese logo de que o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, anunciara que o seu goberno ía revisar todas as concesións outorgadas por gobernos anteriores. A Xunta comprometeuse verbalmente a non autorizar ningunha concesión que puxera en perigo zonas da Rede Natura.
Cabe lembrar que os diferentes proxectos de canteiras no Caurel abriron un forte debate na sociedade galega e especialmente nas. A asociación SOS Courel denunciba publicamente que os proxectos podían causar unha “catástrofe ambiental” na zona. Os membros da asociación facían fincapé en canteiras de lousa que estaban a funcionar en Folgoso do Courel e que poñían en serio perigo o río Lor.