As eleccións municipais son o primeiro paso dun proceso que designa ás Asembleas Provinciais e aos membros do Consello de Estado, que á súa vez elixe ao presidente do Goberno.
O presidente interino de Cuba, Raúl Castro, convocou este luns as eleccións municipais, que servirán para designar os delegados que compoñan as asembleas locais do Poder Popular os vindeiros dous anos e medio, para o domingo 21 de outubro.
Sete días despois haberá comicios en segunda volta naquelas circunscricións onde ningún dos candidatos obtivese a maioría absoluta.
Comisións electorais
Segundo publica este martes o diario Granma, o órgano oficial do Comité Central do Partido Comunista de Cuba, a constitución das comisións electorais de zona producirase entre o 13 e o 22 de xullo, logo de que esta mesma semana fose xa configurada a Comisión Nacional.
As eleccións municipais son o primeiro paso dun proceso que designa ás Asembleas Provinciais e aos membros do Consello de Estado, que á súa vez elixe ao presidente do Goberno.