Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo anunciou Política Territorial

O novo Plan de Acuicultura podería legalizar a planta de Pescanova en Oia

Sobre a piscifactoría pesa unha orde de derrubamento dende 2005.

Redacción - 17:30 10/07/2007
Planta de Pescanovaen Mougás (Oia, Baixo Miño) / Foto: oiaweb.com

Planta de Pescanovaen Mougás (Oia, Baixo Miño) / Foto: oiaweb.com

A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, manifestou este martes a súa confianza en que o novo Plan de Acuicultura abra unha "vía" para a legalización da planta que o grupo Pescanova ten en Mougás, no municipio de Oia (Baixo Miño), e sobre a que pesa unha orde de demolición por se atoparse en zona de protección costeira.

Caride recordou que o documento da Consellaría de Pesca está aínda en tramitación, concretamente en período de información pública, e que, polo tanto, non se poderá actuar neste eido mentres non estea aprobado.

Ampliación da de Mougás e unha segunda en Orelludas

O plan tramitado polo departamento de Pesca, que dirixe Carmen Gallego, inclúe a ampliación da planta de Insuíña, filial de Pescanova, situada en Mougás -de 57.000 metros cadrados-, e tamén lle dá vía libre á construción dunha segunda planta no municipio, en Punta Orelludas, a sete quilómetros da que existe actualmente, de 75.000 metros cadrados.

Caride afirmou que "neste momento todo está igual" namentres o plan non estea aprobado, mais confiou en que "poida existir unha percha para permitir a legalización desta planta", en referencia á de Mougás, que o anterior Goberno considerou "ilegalizábel" e contra a que emitiu unha orde de derrubamento en 2005.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: