O colectivo local 'Unha grande chea' propón que leve a cor amarela para lembrar a importancia do Albariño.
A asociación cambadesa autodenominada “Unha grande chea”, rexistrou este luns unha iniciativa na casa consistorial para que se aprobe unha bandeira oficial no municipio. O colectivo máis festeiro da zona entregou no concello a súa propia proposta.
A bandeira xunta o azul e o amarelo co escudo oficial. Segundo eles mesmos explican, o azul simboliza o mar, tan importante en Cambados. O amarelo é un recoñecemento a un dos grandes tesouros do Salnés: o viño Albariño. Por se fora pouco, explican que van en diagonal “porque a unión das mesmas representa o río Umia que divide o noso concello”. Agora hai que agardar a ver se o viño pasa das tascas ás moquetas consistoriais.