Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fin dunha era

Cacharro salienta a "transparencia" da Deputación de Lugo na súa despedida

Defendeu o futuro dos entes provinciais e cuestionou aos que avogan pola súa desaparición.

Redacción - 10:15 07/07/2007

O actual presidente en funcións da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro, salientou este venres no seu discurso de despedida, despois de máis de dúas décadas á fronte deste ente provincial, que a deputación "non fica hipotecada", e reiterou a "transparencia" das súas lexislaturas.

Na súa habitual e última comparecencia ante os medios dos venres, Cacharro defendeu o futuro das deputacións e cuestionou aos que avogan pola súa desaparición. Ademais, recoñeceu que lle gustaría que o seu relevo se producise por parte de alguén do Partido Popular.

"A Constitución consagra a provincia"

Cacharro asegurou que o intento esbozado polo BNG de baleirar de contido ás deputacións "bate de fronte co mandato constitucional", onde se consagra á provincia "como ente necesario".

Ante a inmediata constitución da próxima corporación, prevista para o 14 de xullo, Cacharro deu por finalizada unha etapa que representa, dixo, "unha grande parte da miña vida".

"Levo 30 anos, dende 1983, como presidente, o que supón media vida dedicada a unha institución o que me levará, aínda que non estea nela, a seguir como cidadán a evolución que teña no futuro que, desexo que sexa para ben", precisou.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: