Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sesión de constitución da institución

Louzán colle o bastón na Deputación de Pontevedra con frouxa vontade de colaboración coa Xunta

Socialistas e nacionalistas consideran que o discurso de Rafael Louzán agoira un escenario de "confrontación" co Goberno.

Redacción - 09:00 28/06/2007

Na súa intervención, Rafael Louzán afirmou que existen un "descoñecemento bastante xeneralizado" sobre as funcións dos entes provinciais e cualificou de "preocupante" o presunto alento "por intereses particulares ou partidistas" da idea de que son innecesarias.

Na súa opinión, as competencias das deputacións "van moito máis alá de repartir recursos económicos, axudas ou subvencións", xa que segundo indicou "a súa función fundamental é ser a garantía da aplicación real e eficiente do principio de subsidiariedade". Dixo Louzán que a existencia das deputacións provinciais e imprescindíbel para asegurar "a prestación integral e adecuada, na totalidade do territorio provincial, dos servizos de competencia municipal dende o mesmo nivel de goberno".

No canto do recorte pide novas competencias
Con todo, Louzán admitiu que é necesaria a reforma destas institucións para "adaptalas ao mundo actual". Malia iso, na súa opinión esa reforma pode pasar non só por delimitar "claramente" as súas funcións, senón tamén por dotalas de capacidade para "asumir algunhas das que agora ten a Xunta".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: